Discography

cover
SUMRRÁ
Revoluti8n
Clermont Music
  • Artist:

    Sumrrá

  • Record label:

    Clermont Music

Podemos mudar a nosa realidade. Facémolo de xeito individual a diario e témolo feito como especie. Sabemos que a música é unha canle de comunicación inmediata, directa, universal, primitiva e atemporal. Ademáis de cambiar a nosa química de xeito individual, modula o pensamento, a forma en que percibimos o mundo, e pode amosar novos referentes de interacción coa realidade que nos rodea. 

 

Por que non abordar desde a nosa música, unha serie de posibles revolucións? Por que non dirixir o noso ritual da música ao vivo en comunidade cara camiños que provoquen cambios? Cambios en quen forma parte do noso ritual, en calquera forma e lugar,, e cambios en nós… Será a música a forza sanadora do Universo? Será a música a forma de acceder ó autocoñecemento profundo e á Paz? Será a música a porta á Revolución?

 

A REVOLUCIÓN SERÁ INTERNA, OU NON SERÁ